6/2/11
LO + 2010
Premendo nas imaxes seguintes poderás ver as seleccións do 2008 e do 2009:
28/2/10
LA GRAN ORQUESTA DE LOS ANIMALES
Tamén podes disfrutar deste vídeo:
¡E non deixedes de visitar a páxina dos autores, El Canibalibro!
1/1/10
LO + 2009
21/11/09
SE VENDE MAMÁ
19/6/09
LECTURAS PARA VACACIÓNS
VERANO 2009
6/6/09
¡¡NESTE VERÁN MERGÚLLATE NA LECTURA!!
Aquí tés a primicia:
24/2/09
LEMBRANDO A ROSALÍA
Non podemos deixar pasar o Día de Rosalía sen lembrarnos da nosa poetisa máis universal, que naceu un 24 de febreiro de 1837, en Santiago de Compostela, e morreu en Padrón en 1885. Figura clave do Rexurdimento galego, tamén produciu literatura en castelán, e foi considerada, xunto a Bécquer, a gran representante do Romanticismo tardío.Algúns apuntamentos sobre a súa obra:
Moi nova, aos 20 anos, publicou La Flor, de corte romántico próximo ao de Espronceda.
En 1863 publica Cantares gallegos, na nosa lingua, con temática social e costumista. Con esta obra e xunto a Curros Enríquez e Eduardo Pondal iníciase ou Rexurdimento cultural de Galicia.
En Follas Novas (1880), a nostalxia, a soidade e a tristeza que ela sinte identifícanse co sufrimento do pobo galego. Aparece o tema da morte como liberación da dor.
En las orillas del Sar, publicouse en 1884. Dun marcado pesimismo reincide no tema da morte, do sufrimento, da vellez... Os seus poemas, son considerados como precursores da poesía moderna xa que inicia un camiño de ruptura co estilo da súa época, deixando a súa pegada en poetas posteriores como Antonio Machado.

Un bo xeito de achegar a poesía de Rosalía aos máis pequenos é a través do libro Adiós ríos, adiós fontes, da editorial Baía, con ilustracións de Rodrigo Chao Blanco. Este libriño, que xa circula polos fogares do noso alumnado nas mochilas viaxeiras, recolle un dos poemas máis coñecidos de Cantares gallegos.
Arredor da obra de Rosalía, e como recurso para empregar na aula, a Fundación Caixa Galicia facilita un material didáctico elaborado co motivo da exposición "Rosalía ilustrada", con actividades dirixidas a todos os ciclos da E. Primaria (Vía Raioteca)
Preme na seguinte imaxe para acceder ás fichas:
E para rematar aquí vos deixo un fermosísimo poema coñecido como Negra sombra, pertencente ao libro Follas Novas, na voz de Luz Casal:
18/1/09
LECTURAS PARA A PAZ ( II )

Cartas a Bárbara
Leo Meter
Editorial: Salamaca, Loguez Ediciones
A través das cartas que escribe coñecemos a vida dun artista reclutado polo exército nazi e enviado a Ucrania. Dende alí escribe á súa filla, metade xudía e metade aria, dándolle conta das cousas cotiás, da dor e a desolación. Pero esas cartas cheas de debuxos e doutras historias fantásticas fálannos da necesidade de refuxiarse no amor e na literatura como única posibilidade de sobrevivir ao horror da guerra. (Desde 12 anos).

Flon-Flon y Musina
Elzbieta
S.M.
É difícil explicar a guerra aos nenos. É difícil entender que os veciños que sempre conviviron se vexan separados por murallas de arame de espiño. A guerra non se explica e os dous amigos, Flon-Flon e Musina non poden entendela. Toca aos maiores tratar de evitala, de tender pontes para dialogar e atoparse. (Desde 6 anos)
La guerra de nunca acabar
Gómez Cerdá, Alfredo
Ed. Everest. Punto de encuentro
Sátira antibelicista que relata a historia de dous reis moi peculiares: Pirulo Trinta e Un, e Ventoso Vinte e oito, eternamente enfrontados. Os soldados dos dous bandos, cansos de pelexar, fan unha tregua para bañarse no río, os reis queren asinar un tratado de paz, pero ao non lembrar o motivo da guerra vólvense enfrontar.
A obra é unha crítica irónica, cargada de humor e sátira, sobre a natureza e o absurdo da guerra en clave de teatro.
A adaptación ao teatro valeulle ao autor o Premio "Assitej".
RELACIÓN de títulos de libros relacionados co tema do pacifismo, as guerras..., facilitado por SOL- e (Servicio de orientación a la lectura)
17/1/09
LECTURAS PARA A PAZ ( I )
Cuando sea mayor quiero ser Premio Nobel de la Paz Autora: Isabel Pin
ED: Proteus
Un neno decide facer todo o posible para gañar o Premio Nobel da Paz, pero pronto comprobará o difícil que é conseguilo...

Título: Fume
Autor: Antón Fortes
Ilustracións: Joanna Concejo
Col. Qontextos. OQO
Un álbum ilustrado dunha conmovedora historia de Antón Fortes cunhas intensas imaxes, da ilustradora polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a dura realidade do protagonista nun campo de concentración.
“Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos imos reunir”. Ver reseña en El Progreso

Título: SMARA
Autora: Paula Carballeira
Ilustración: Hénaff, Carole
Editorial: Kalandraka
Coleccion: Seteleguas
SMARA comeza cun neno, un avión e o deserto do Sahara, como O principiño. Pero en Smara ese avión é o que leva o neno a un mundo que lle ha permitir coñecer as historias que lle conta a avoa Ugago mentres espera pola morte, historias marabillosas dun pobo -o saharauí- que un día tivo que abandoar a cidade de Smara para instalarse "nunha terra que ninguén quere". Alí, no exilio, os fillos da nube fundarán unha nova Smara na que seguir tomando té e contando historias...
12/1/09
UN AUTOR PARA O 2009: ISAAC ASIMOV
Co gallo da celebración do Ano Internacional da Astronomía temos unha boa ocasión para adentrarnos no universo da man do escritor e divulgador científico ISAAC ASIMOV, autor americano aínda que nacido en Rusia no ano 1920. En 1939 gradúase como bioquímico na universidade de Columbia e neste mesmo ano comeza a publicar historias en revistas de ciencia ficción. A partir de 1958 deixa as súas actividades na investigación e na docencia para adicarse exclusivamente a escribir sendo o autor dunhas 500 obras con distintas temáticas: ciencia ficción, misterio, humor... A orixinalidade e atractivo das súas narracións cun estilo directo, sinxelo e con un
toque de humor, serviron para alimentar a sétima arte, sendo numerosas as novelas de Asimov que foron levadas ao cine como "O home bicentenario" baseada na novela do mesmo título e protagonizada polo actor Robin Willians, ou a máis actual "Yo, Robot", protagonizada polo actor Will Smith.
Algúns títulos deste autor (ciencia ficción):
8/1/09
CÓMO SABER LO QUE SE LLEVA DENTRO
Hoxe descubrín un marabilloso libro que me namorou dende a primeira páxina : ¡Qué emoción?, de Cécile Gabriel. O título suxire xa o contido, a novidade está no seu tratamento. Con moi pouco texto e unhas espléndidas fotografías en branco e negro a autora fai recoñecibles sentimentos que aos cativos lles resulta complicado identificar.6/1/09
LA CHICA QUE SOÑABA CON UNA CERILLA Y UN BIDÓN DE GASOLINA
Despois de ler hai pouco Los hombres que no amaban a las mujeres, de Stieg Larsson, e co bo sabor de boca que me deixara, tiña ganas de seguir mergullada nas apaixoantes aventuras daqueles dous personaxes singulares, Mike e Lisbeth, polo que nestas vacacións aproveitei para facerme co segundo libro da triloxía que xa ten enganchado a milleiros de persoas. Por suposto xa o título, La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, resulta chamativo e algo desconcertante aínda que na liña esperada despois do primeiro volume. Así que sen pensalo máis lin con avidez e sen tregua as máis de setecentas páxinas que conforman esta novela. Non me decepcionou. Nesta segunda entrega da serie chegamos a coñecer o oscuro pasado de Lisbeth e como este pasado a convirte no que agora é. As vidas dos dous protagonistas semellan terse separado por completo:Lisbeth Salander cura as feridas de amor en soidade, aínda que intente distraer o desencanto co estudo das matemáticas e certos praceres nunha praia do Caribe. Pola súa banda Blomkvist vive bos momentos en Millennium, coas finanzas da revista saneadas e recoñecemento profesional por parte de colegas e outros medios. Agora ten entre mans unha reportaxe apaixoante
que desencadeará un sinfín de acontecementos así como o cruce de camiños entre os dous protagonistas. O interese, a complexidade e riqueza da trama e dos personaxes vai medrando. Os feitos que van desvelándose resultan impactantes e a acción é trepidante. Con todas as expectativas superadas seguimos a experimentar a necesidade de ler máis, polo que xa agardamos con impaciencia o último título: La reina en el palacio de las corrientes de aire
ALGUNHAS RESEÑAS SOBRE O AUTOR:
La asombrosa vida breve de Stieg Larsson (Papel en blanco)
La rabia de Stieg Larsson (El país)
Stieg Larsson
23/12/08
LO + 2008
Esta guía presenta corenta obras seleccionadas entre os títulos publicados para nen@s e moz@s ao longo de 2008, organizadas en cinco apartados, que reúnen unha variedade de xéneros, formatos e historias, adecuada para os gustos máis diversos. Álbums, novelas, poemarios, contos breves e cómics, xunto con outros materiais ideais para regalar. Unha selección pequena, como as cousas sinxelas e entrañables que se gañan noso aprecio, pero á vez grande, como o universo literario, cheo de planetas por descubrir a través da viaxe da lectura. Unha proposta especial, elaborada sen présas, con parte do + selecto que nos deixou o ano.
22/12/08
TRES TÍTULOS E UN AUTOR
Seguindo coa miña relación de contos favoritos, cecais neste caso debería facer referencia a un dos meus autores favoritos: ERIC CARLE, autor e ilustrador dos seus contos. Emprega unha técnica persoal e facilmente recoñecible, o collage, con papeis que el mesmo pinta, de figuras recortadas sobre fondo branco, que combina maxistralmente cun acercamento á aprendizaxe nas idades máis temperás. O seu talento está avalado polas vendas das súas obras: 25 millóns de exemplares a nivel mundial. Polo de agora leva escritos máis de setenta contos para os máis cativos.A súa obra máis coñecida é UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA, de 1969 e traducida a 30 idiomas. Malia o tempo transcurrido conserva a súa vixencia e frescura. O conto descubre o ciclo vital dunha eiruga e, mentres a natureza segue o seu curso, percorremos os días da semana, os números, as froitas... por orixinais páxinas de diferentes tamaños e esburacadas pola famenta eiruga.
lección de boas maneiras. A protagonista fai alarde de mal xenio e dun carácter que a conduce a buscar pelexa con calquera que se cruce con ela. As palabras grazas e por favor non forman parte do seu vocabulario o que contrasta coa amabilidade doutra conxénere.
aire.
emocionante e divertida, atractiva dende o punto de vista estético e didáctico.21/12/08
LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO
Título: La clave secreta del universoAutores: Lucy e Stephen Hawking
Editorial: Montena
Hoxe recoméndovos un libro que xa está na nosa biblioteca e que ademais viaxa polos fogares do noso alumnado nas mochilas viaxeiras. Trátase de La clave secreta del universo, da xornalista Lucy Hawking, coautora xunto co seu pai, o coñecido científico Stephen Hawking.
A novela trata das aventuras de dous nenos, George e Annie, que viaxan polo sistema solar subidos nun cometa. O primeiro é fillo duns ecoloxistas radicais que lle teñen prohibido todo contacto coa tecnoloxía. Annie, vive na casa veciña; é filla dun científico que conta cun prodixioso ordenador que lles permitirá voar ao lombo de cometas, visitar planetas, contemplar buracos negros e escapar das trampas
dos malvados. É un espléndido libro cheo de explicacións sinxelas sobre o Big Bang, sobre os buracos negros, sobre o universo, sobre a física que o rexe e que Hawking axudou a desvelar.A mensaxe da historia virá da man do encontro entre os dous mundos: ecoloxía e ciencia unidas para protexer a nosa Terra.
Aproveita estes días de vacacións para asomarte ao universo e vivir emocionantes aventuras. Pídello aos Reis Magos ou solicítao na biblioteca.
14/12/08
DOUS CONTOS E UN ILUSTRADOR
A cebra CamilaMarisa Núñez
Ilustracións de Oscar Villán
Ed. Kalandraka
Este precioso álbum conta a historia da cebra Camila, que perdeu as súas raias nun día de moito vento no que saiu pasear sen tirantes nin cueiro. Camila chora os sete chorares ante a súa desgraza pero a amizade e a solidariedade doutros animaliños van solucionando o seu problema.
As ilustracións de Óscar Villán son dunha enorme calidade e a obra acada un perfecto equilibrio entre a imaxe e o texto.

O coelliño branco
Xosé Ballesteros
Ilustracións de Óscar Villán
Kalandraka Editora
O coelliño branco é a adaptación dun conto popular portugués na que un coelliño sae a buscar coles para un caldiño e ao regreso non pode entrar na súa casa porque unha terrible cabuxa ocupou o seu fogar. O pobre coelliño non atopa axuda entre os animais da granxa pois todos eles temen enfrentarse á feroz cabuxa ata que se demostra que a valentía non é cuestión de tamaños...
O coelliño branco é un texto-fórmula que xoga de forma especial coa sonoridade e maila rima, e está concebido tanto para ser lido coma para ser contado.
Óscar Villán fai aquí tamén un extraordinario traballo de ilustración polo que acadou o Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil no ano 1999
Ilustracións recollidas na páxina web de Óscar Villán
Camila co arco da vella
A serpe axuda a Camila
Coelliño pide axuda ao can
A despedida
PÍDEOS NA BIBLIOTECA!!
7/12/08
EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS
AUTOR: Oliver Jeffers
EDITORIAL: Fondo de cultura económico

El increíble niño comelibros é un libro-álbum escrito e ilustrado por Oliver Jeffers, artista plástico, ilustrador e escritor irlandés.
Unha tarde, por erro, Enrique descobre que lle gusta comer libros e pouco a pouco convírtense no seu único alimento. Con cada libro que come faise cada vez máis e máis intelixente. E así devora novelas, dicionarios, almanaques, libros de chistes, de historia, de matemáticas… pero os seus favoritos son os vermellos. Enrique pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse: un día síntese enfermo, descomposto...
A aventura glotona deste neno convírtese nunha historia que xoga coa esaxeración e o humor. O autor combina letra
manuscrita e tipografía de máquina de escribir sobre fondos en collage con papeis de diferentes texturas, páxinas de libros, follas de cadernos de contabilidade… o que lle dá ao libro un carácter informal e divertido e contribúe a crear un mundo plástico no que o protagonista indiscutible é o libro.(Para lectores de 7- 8 anos ata 99 anos)

21/11/08
EL MONSTRUO Y LA BIBLIOTECARIA

El monstruo y la bibliotecaria
Alfredo Gómez Cerdá
Editorial: Edelvives
Ilustrador: Carmen Queralt
Este monstro monstroso, que non se parece a outros monstros e que se asusta nas grandes cidades, vai vivir a Albacete. Pero non contou coa calor do verán, que tampouco soporta, e por iso decide meterse nun aparello de aire acondicionado que acaba instalado nunha biblioteca. Aquilo cambiou a vida do monstro e os lectores sabemos que nunha biblioteca poden pasar miles de cousas, ata atopar a un monstro que conta contos diante dunha bibliotecaria que o mira abraiada...
Disfruta desta bonita historia de amor, humor e bibliotecas!!
UNA ESCUELA COMO LA MÍA
Una escuela como la mía. UNICEF.Editorial: BLUME
Coñece como son as escolas doutros nenos e nenas do mundo. Escolas dos cinco continentes aparecen representadas e son presentadas polos propios alumnos/as. Cada un deles explícanos o que estuda, como son os seus mestres... Comprobarás en que se semellan á túa propia escola e tamén que cousas son diferentes. Viaxarás con María ao Perú, con Lukasi a Canadá, con Xinpei a China, con Momona ao Xapón...
Percorre o mundo de escola en escola!
12/11/08
A MONSTROESCOLA
Recén saidiño do forno, A MONSTROESCOLA é o último traballo de Anxo Fariña. Ilustrador, diseñador e ás veces escritor, como el mesmo se define, asegura moitos debuxos e moitas risas aos lectores/as de 8 a 100 anos.Editorial: Edicións A Nosa Terra


