Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas

26/3/09

ANTONIO MACHADO Y LA MIRADA DE LEONOR


ANTONIO MACHADO Y LA MIRADA DE LEONOR
Autora:
Carmen Posadas
Ilustración: Ximena Maier
Editorial
Anaya

A partir de 8 anos

A editorial Anaya, aproveitando o setenta aniversario do falecemento do poeta Antonio Machado (1875-1939), lanzou este libro; nel podemos coñecer as andanzas do escritor desde que casa con Leonor. A través das súas páxinas viaxaremos a París, a Madrid e regresaremos a Soria, cidade natal dela.
Desde o principio vemos unha parella de namorados que desde distintas perspectivas ven as cousas de maneira diferente ao resto dos mortais, el desde a súa sabedoría académica; ela, desde a súa sabedoría popular, complementando a forma de escribir do mestre.
Ao longo do libro destácase o amor como lazo que os une fortemente e que elimina as diferenzas de idade, as sociais e as culturais. Ademais, no libro refírese como a partir dunha frase de Leonor, Antonio Machado compuxo o seu famoso
“Caminante, son tus huellas / el camino y nada más; / caminante, no hay camino, / se hace camino al andar.”
Tamén como lle recitaba a ela: “Mi infancia son recuerdos de un patio de Sevilla…” o “Vosotras, las familiares, / inevitables golosas, / vosotras moscas vulgares, / me evocáis todas las cosas”.

Trátase dun libro capaz de acercar un periodo da vida do poeta aos lectores máis pequenos.

16/2/09

PERDIDO Y ENCONTRADO

Nunha entrada anterior faleivos de EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS, de Oliver Jeffers. Deste mesmo autor é outro delicioso álbum, PERDIDO Y ENCONTRADO, da editorial Fondo de Cultura Económica, cunhas orixinais ilustracións cheas de cor e que narra unha inxenua historia de amizade entre un neno e un pingüín que atopa á porta da súa casa e que non sabe regresar ao seu fogar. Despois de averiguar que estes animais viven no Polo Norte, busca a maneira de levalo ata alí. Durante a viaxe descubre o que é a soidade, a nostalxia...
Os estudos AKA produciron unha deliciosa película de animación de 30 minutos de duración. Aquí vos deixo o tráiler, seguro que esta historia vos entusiasmará igual que a min.





Se queres ver algunhas imaxes cunha estupenda calidade preme na seguinte ilustración:



Engadir a Marcadores