Mostrando entradas con la etiqueta oqo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oqo. Mostrar todas las entradas

19/1/09

PETRA - HELGA BANSCH


Título: PETRA
Autora: BANSCH, HELGA
Editorial: OQO EDITORA


Este relato inclúese dentro da categoría álbum ilustrado, (aquel no que a imaxe importa tanto ou máis que o texto)

A Petra, a elefanta que protagoniza este conto, non lle gusta estar gorda e soña con ser delgada e elegante. Decidida a perder peso, pon en práctica todo tipo de estratexias aconsellada por algúns amigos da selva. Así, mátase a facer exercicio, vístese cun pantalón de raias para verse máis fermosa e favorecida e mesmo decide comer somente unha vez á semana... Nada dá resultado. Pero Petra namórase e pronto esquece o seu problema...

Dun modo ameno e casual, o conto promove a aceptación da propia figura, que é un tema que hoxe non só preocupa aos adultos senón tamén aos pequenos. Como temas secundarios, resáltanse tamén o valor da amizade, a capacidade redentora do amor e o amor maternal.

Un texto cheo de tenrura e humor cunha mensaxe relevante e uns debuxos repletos de texturas, fan deste libro un perfecto compañeiro para nenos de 3 a 7 anos.

En resumo, un libro que divirte e educa.



Imaxes recollidas na web de OQO - EDITORA

11/11/08

GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS

Xa temos na nosa Biblioteca, entre outras novidades, o Gran libro dos retratos de animais. No blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Rede Lectura, fan o seguinte comentario:

Con el comezou a colección OQart da editorial OQO.
Nel, o croata Sujetlan Junakovic modifica algúns dos retratos que forman parte da historia da pintura para substituír os homes e mulleres retratados por animais que pasan a ser os protagonistas da imaxe. Esta galería de retratos de animais compleméntase cos comentarios nos que se achegan datos sobre o retratado, a época ou o artista nun ton nada alleo ao humor.
Un bo punto de partida para un xogo de espellos no que a pesar do aviso de que “calquera semellanza coa realidade é pura coincidencia”, buscaremos aquel outro cadro que se nos imita a este, localizarémolo, compararémolos e riremos mentres nos movemos entre obras de arte.
Esta obra acaba de ser galardoada cunha Mención de Honra na Feira do Libro de Bologna.

(Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares)

HAI SEMELLANZAS??




Dama con Armiño de Leonardo da Vinci (1483)
Data: 1483
Técnica: Óleo sobre madeira
Onde se encontra: The Czartoryscy's Collection, National Museum, Cracovia







Auto-retrato de Alberto Durero (1536)

Técnica: Óleo sobre madeira

Onde se encontra: Alte Pinakothek, Munich

10/11/08

CHOCOLATA


Hai xa algúns días faleivos do libro-disco Contos en cantos de Almudena Janeiro, un conxunto de cancións a partir dos textos de varios contos. Hoxe quero recomendarvos un deles: CHOCOLATA, un álbum da escritora Marisa Núñez coas ilustracións de Helga Bansch. Este libro obtivo o Primeiro Premio Internacional do Libro Infantil FEE (Fondation Espace Enfants) no ano 2007, e foi traducido a oito idiomas

Sinopse:

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala...
Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión nos hábitos urbanos máis tópicos, actuales e recoñocibles desde a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.
A ilustración, é alegre e colorista; expresa con maestría diferentes perfís humanos a través dos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración. Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor do que temos moi perto.
[Presentación editorial]

Aquí vos deixo a canción "Chocolata" (Contos en Cantos) para que vaiades facendo boca. DISFRUTÁDEA!



Engadir a Marcadores