Mostrando entradas con la etiqueta jeffers. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta jeffers. Mostrar todas las entradas

16/2/09

PERDIDO Y ENCONTRADO

Nunha entrada anterior faleivos de EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS, de Oliver Jeffers. Deste mesmo autor é outro delicioso álbum, PERDIDO Y ENCONTRADO, da editorial Fondo de Cultura Económica, cunhas orixinais ilustracións cheas de cor e que narra unha inxenua historia de amizade entre un neno e un pingüín que atopa á porta da súa casa e que non sabe regresar ao seu fogar. Despois de averiguar que estes animais viven no Polo Norte, busca a maneira de levalo ata alí. Durante a viaxe descubre o que é a soidade, a nostalxia...
Os estudos AKA produciron unha deliciosa película de animación de 30 minutos de duración. Aquí vos deixo o tráiler, seguro que esta historia vos entusiasmará igual que a min.





Se queres ver algunhas imaxes cunha estupenda calidade preme na seguinte ilustración:



7/12/08

EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS

TÍTULO: EL INCREIBLE NIÑO COMELIBROS
AUTOR: Oliver Jeffers
EDITORIAL: Fondo de cultura económico

El increíble niño comelibros é un libro-álbum escrito e ilustrado por
Oliver Jeffers, artista plástico, ilustrador e escritor irlandés.

Unha tarde, por erro, Enrique descobre que lle gusta comer libros e pouco a pouco convírtense no seu único alimento. Con cada libro que come faise cada vez máis e máis intelixente. E así devora novelas, dicionarios, almanaques, libros de chistes, de historia, de matemáticas… pero os seus favoritos son os vermellos. Enrique pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse: un día síntese enfermo, descomposto...

A aventura glotona deste neno convírtese nunha historia que xoga coa esaxeración e o humor. O autor combina letra manuscrita e tipografía de máquina de escribir sobre fondos en collage con papeis de diferentes texturas, páxinas de libros, follas de cadernos de contabilidade… o que lle dá ao libro un carácter informal e divertido e contribúe a crear un mundo plástico no que o protagonista indiscutible é o libro.
(Para lectores de 7- 8 anos ata 99 anos)







XA O PODES PEDIR NA BIBLIOTECA!!

Engadir a Marcadores