Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas

6/2/11

LO + 2010

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez, como ven sendo habitual cada ano, ofrécenos unha selección dos mellores libros editados no 2010, en función do interés que suscitaron nos seus lectores. Preme na imaxe para acceder:

Premendo nas imaxes seguintes poderás ver as seleccións do 2008 e do 2009:


12/1/11

LECTURAS DE INVERNO

Unha selección de lecturas onde o inverno é o protagonista (todos os títulos son en castelán):
Invierno
Fonte

12/11/08

A MONSTROESCOLA

Recén saidiño do forno, A MONSTROESCOLA é o último traballo de Anxo Fariña. Ilustrador, diseñador e ás veces escritor, como el mesmo se define, asegura moitos debuxos e moitas risas aos lectores/as de 8 a 100 anos.
Argumento:
Na vila de Quintopiñeiro só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais... como serán? (quizais fixándote na capa do libro e no subtítulo acades algunha pista... )
Unha historia que promete moita diversión!
Autor do texto e ilustracións: Anxo Fariña.
Editorial: Edicións A Nosa Terra

16/10/08

JAMIE LEE CURTIS

Agora que se acerca o tempo do samaín, tempo de medos, bruxas e difuntos, seguramente lembrarás a película HALLOWEEN, xa un clásico do terror, interpretada pola actriz Jamie Lee Curtis, filla dos tamén actores Tony Curtis e Janet Leigh. Pero ademais de excelente actriz, gañadora de diferentes premios, Jamie Lee é unha recoñecida escritora de libros infantís, con moito éxito de ventas e grande aceptación entre a crítica. Todos os seus libros propoñen unha perspectiva positiva da vida, como en “Me gusto” ou en “Hoy me siento tonta”, onde se anima ao neno a analizar e mesmo xogar cos seus estados de ánimo.
Os seus contos foron ilustrados por Laura Cornell, unha artista con moito talento, moi aplaudida pola súa orixinalidade.

Hoxe Mik quere recomendar aos máis novos “Cuando yo era pequeña” Ed. SERRES, onde a protagonista, de catro anos, relata as súas memorias: "Cuando yo era pequeña, solamente tenía dos dientes. Ahora tengo muchos, y me los cepillo yo sola…" Gracias a esta nena os lectores toman conciencia dos cambios e progresos que conleva o seu crecemento.


Outros títulos desta autora:

  • ¿ ESTAMOS TODOS EN EL MISMO EQUIPO?
  • CUÉNTAME OTRA VEZ LA NOCHE QUE NACI
  • DONDE VAN LOS GLOBOS?
  • 12/10/08

    PARABÉNS, ALMUDENA!

    Hai uns meses a nosa compañeira Almudena Janeiro dábanos a coñecer o seu proxecto "Contos en cantos" e xa daquela prometía ser un traballo fermoso, cheo de sensibilidade... Hoxe xa é unha auténtica realidade que supera as espectativas iniciais. A súa presentación e edición é exquisita, como cabía esperar da editorial OQO, a escolla dos textos das cancións moi acertada, a delicadeza da voz de Almudena resulta próxima e garimosa... Un auténtico agasallo para tod@s!!!

    Así explica Almudena este precioso traballo:
    "Chocolata, Mariluz, Loboferoz, Titiritesa, O Papón… os personaxes dos álbumes de OQO convértense en cancións para darmos a volta ao mundo nun mar de contos en cantos."
    VER VÍDEO: preme na imaxe

    PARABÉNS, ALMUDENA!!

    9/10/08

    HAI DE TODO...

    Pois é verdade que o título dun libro ou dunha película inflúe decisivamente á hora de ser elexido polos lectores/espectadores. Cando chegamos a unha librería setímonos atraídos por aqueles libros que portan o título máis impactante, máis extraño ou máis orixinal. Ás veces simplemente soa ben...
    En pagina2 aparece un reportaxe sobre "a arte de titular" con exemplos clásicos e a opinión de dous escritores e un editor.
    Ver VIDEO


    O Premio Diagram organizado pola editorial británica The Bookseller otórgase ao título de libro máis raro publicado durante o ano e concédese desde 1978, no que o seu receptor foi a obra Procedementos do segundo taller internacional de ratos espidos. (Papel en blanco)

    Algúns dos destacados nomeados (libremente traducidos) son:

    ANO 2007:

    ¿Cuán verdes eran os Nazis?, editado por Franz Josef Bruggeimer, Mark Cioc e Thomas Zeller

    O delicioso xelado de D. Di Mascio: D. Di Mascio de Coventry: Unha compañía de xelados de boa reputación, con unha flota interesante e variada de furgonetas de venta de xelado, por Roger De Boer, Harvey Francis Pitcher e Alan Wilkinson

    Os carros de compra perdidos do leste de América do Norte: unha guía de identificación, por Julian Montague

    Mulleres tatuadas da montaña e caixas de vaixela de Daguestán, por Robert Chenciner, Gabib Ismailov, Magomedkhan Magomedkhanov e Alex Binnie

    Actas do decimoitavo simposio internacional sobre algas marinas, por Robert J. Anderson, Juliet A. Brodie, Edvar Onsoyen e Alan J Critchley

    Mellor nunca que ter sido: o dano de comezar a existir, por David Benatar

    A xente que non sabe que está morta: cómo se apegan a transeúntes non precavidos e qué facer con iso. Leon Hill

    ANO 2008:

    · Fun torturado pola Raíña do Amor Pigmeo, de Jasper McCutcheon

    · Como escribir un libro sobre como escribir un libro, de Brian Paddock

    · Son as mulleres humanas? E outros diálogos internacionais, de Catharine A. MacKinnon

    · Problemas do queixo resoltos, de P. L. H. McSweeney

    · Se queres pechar a túa relación empeza polas túas pernas, de Big Boom

    · Xente que importou en Southland e máis aló: Do Rei Canoto ao Dr. Feelgood, de Dee Gordon


    Aínda que o refraneiro pupular advirte "non xulgues un libro pola súa tapa", lerías ti un libro con un título semellante a estes?

    4/10/08

    1.000.000 DE EXEMPLARES VENDIDOS!!


    A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
    Werner Holzwarth
    Ilustracións de Wolf Erlbruch
    Ed. Kalandraka

    Hai moito tempo que emprego este título en calquera ocasión que pretenda gañar a un auditorio de alumnos de calquera idade nunha sesión de lectura na biblioteca ou na aula. Sei que é garantía de éxito. Primeiro fun eu como lectora a que disfrutou desta historia na que unha toupiña está disposta a descubrir ao responsable dunha terrible afrenta: alguén fixera "algo" na súa cabeza. Con paciencia leva a cabo as súas pescudas e interroga a cada animal que atopa ata que por fin dá co culpable e...

    Agora entérome de que "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" leva 1.000.000 de exemplares vendidos, segundo informan os seus editores orixinarios, Peter Hammer Verlag.
    PARABÉNS, TOUPIÑA!!

    E por se aínda non tiveches a sorte de topar con ela aquí tés unha presentación recollida en Avanteblog



    26/9/08

    OUTONO

    Xa chegou o outono vestido de fermosas cores e de novos perfumes. As árbores cúbrense de vermello, amarelo, laranxa, marrón… A natureza aparece espléndida e deita aos nosos pés alfombras moles e ocres que abrigan o chan e que musiquean baixo os nosos pasos.
    Para algunhas persoas é a estación da melancolía, da saudade, do adeus, que convida ao recollemento e á ensoñación.

    Moitos foron os poetas, pintores, músicos… que se sentiron inspirados por esta estación e, como exemplo, aquí tendes unha poesía de
    Antonio Machado e outra de Ángel González:


    AMANECER DE OTOÑO


    Una larga carretera
    entre grises peñascales,
    y alguna humilde pradera
    donde pacen negros toros.
    Zarzas, malezas, jarales.

    Está la tierra mojada
    por las gotas del rocío,
    y la alameda dorada,
    hacia la curva del río.

    Tras los montes de violeta
    quebrado el primer albor;
    a la espalda la escopeta,
    entre sus galgos agudos,
    caminando un cazador.

    Antonio Machado (1875-1939)


    MÁIS POEMAS DE ANTONIO MACHADO


    EL OTOÑO SE ACERCA

    El otoño se acerca con muy poco ruido:
    apagadas cigarras, unos grillos apenas,
    defienden el reducto
    de un verano obstinado en perpetuarse,
    cuya suntuosa cola aún brilla hacia el oeste.
    Se diría que aquí no pasa nada,
    pero un silencio súbito ilumina el prodigio:
    ha pasado
    un ángel
    que se llamaba luz, o fuego, o vida.
    Y lo perdimos para siempre

    Ángel González (1922)



    29/6/08

    GUARDA EL SECRETO


    Guarda el secreto. Manual para brujas, Patxi Zubizarreta (Anaya infantil-juvenil)

    Joana vive nunha casa sen ascensor. A veciña do terceiro, a señora Graciana, acumula lixo no seu apartamento e non é moi agradable cos nenos. Parece unha bruxa, e os nenos tratan de evitala, pero Joana sente curiosidade e aos poucos vaise achegando a ela. Un día, coa escusa de baixarlle o lixo; outro, coa escusa das vacacións. Cando a nena decide preguntarlle se cre nas bruxas, Graciana contéstalle: Todas as cousas que se contan existen, pero hai que gardar o segredo... O día do aniversario de Joana, Graciana obséquiaa, por medio duns conxuros, con viaxes, nos que lle descobre cousas marabillosas e incribles: ao home lobo e á muller cervo, ás lamias, etc. Ademais de presenciar feitos fantásticos, Graciana regálalle cada día algún «conto de vella», como ela os chama. Todo a condición de que garde o segredo.

    26/6/08

    LIBROS ACUÁTICOS

    Imaxinades ler un libro dentro da auga!!?? Iso si que é unha lectura refrescante!!
    Pois ben, agora é posible pois PUNTO DE LECTURA, sello editorial do grupo Santillana, presentou como novidade os libros acuáticos. Trátase de diversos títulos para adultos que poden ser mollados sen deteriorarse, polo que resultan moi apropiados para levar con nós á praia e á piscina.
    Aquí tendes a noticia recollida por Antena 3 e por TVE:











    ESTE VERÁN, MÓLLATE COA LECTURA!!

    24/6/08

    MOCHILAS VIAXEIRAS: O REGRESO

    Metid@s na voráxine que supoñen os últimos días de curso, facemos unha pausa para agradecer ás familias a boa acollida que dispensaron en xeral ás MOCHILAS VIAXEIRAS. Xa de volta todas elas e á espera de emprender o vindeiro curso unha nova aventura a través dos tesouros que transportan, rescatamos, con non pouca curiosidade, os "cadernos viaxeiros" onde as familias lectoras depositaron as súas impresións. E non podemos máis que manifestar a nosa satisfacción polos resultados desta experiencia, á vista dos comentarios positivos que nos fan os participantes nesta actividade. E para mostra aquí vos deixo algunhas das anotacións:

















    GRAZAS A TOD@S !!

    18/6/08

    LECTURAS FRESCAS


    Xa saiu para os fogares a guía de lecturas recomendadas "Para este verán... lecturas frescas". Míraa detidamente e pensa que títulos che resultan máis atractivos. Despois lánzate á aventura de lelos durante estas vacacións...























    ¡¡FELICES VACACIÓNS e BOAS LECTURAS!!

    4/6/08

    DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA


    No noso convencemento de que a familia xoga un papel fundamental no fomento do hábito lector, durante este curso a nosa biblioteca tentou acercarse ao entorno familiar, mediante as mochilas viaxeiras e outras actuacións, con resultados moi positivos. Agora que se aproximan as vacacións queremos facer con vós algunhas reflexións para que esa boa práctica de ler en familia, ou simplemente de ler, se reforce nesta época de ocio.

    A formación de todo individuo depende de dous ambientes fundamentais: a familia e a escola. En principio, a creación de hábitos lectores, así como dos hábitos de comportamento, das actitudes e valores, áchase inicialmente na familia.
    A escola non pode suplir a responsabilidade que corresponde á contorna familiar no achegamento ao libro. A creación dun hábito lector, a promoción e difusión da lectura, non son competencia única da escola. Son as familias as que propician o acercamento temperán do neno/a aos libros e por iso cremos que é moi conveniente convertirnos en FAMILIAS COMPROMETIDAS COA LECTURA.

    DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA:

    1. Unha familia comprometida coa lectura é aquela que anima aos seus fillos a ler ata antes de que estes o saiban facer. Deixan aos pequenos/as que investiguen, que se recreen mirando as ilustracións dos libros...

    2. É aquela que conta contos aos seus fillos, que lles recita pequenas rimas, que enche os seus oídos de musicalidad e beleza.

    3. É aquela que nunca forza a ler.

    4. É unha familia que selecciona moi ben os libros dos seus fillos ( ata determinada idade ), valorando o feito de que as boas ilustracións axudan a formar o seu gusto pola arte e polo fermoso.

    5. É aquela que dá exemplo de lectura a diario.

    6. É aquela que comparte as lecturas dos seus fillos e fillas e xuntos coméntanas.

    7. Unha familia comprometida coa lectura procura coñecer os gustos dos seus fillos e respéctaos no posible.

    8. É unha familia que acode cos fillos aos lugares onde están os libros -librerías e bibliotecas-, e anímaos a facerse socios dalgunha biblioteca.

    9. É aquela familia que fomenta o gusto e coidado da biblioteca persoal dos seus fillos, e que dispón para tal efecto dun espazo apropiado.

    10. Unha familia comprometida coa lectura considera que a compra dun libro non é algo excepcional con motivo dunha celebración, aínda que nestas ocasións o libro ten que estar presente como agasallo, senón que o considera parte dos gastos de educación.


    (Extraído de Plataforma educativa)

    18/5/08

    NO MES DAS LETRAS, MERGÚLLATE NELAS!!

    No mes das nosas Letras, mergúllate nelas!!

    Aquí tés algunhas ideas para disfrutar lendo durante este mes que festexamos os nosos escritores e as nosas letras. Os libros aquí presentados son de autores galegos de moito talento e de gran éxito. Anímate a ler e xa verás...!!



    Os Megatoxos e o aprendiz de druida

    (a partir de 11 anos)
    Anxo Fariña
    Ilustración. Fariña, Anxo

    Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente fará que as súas vidas cambien. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo iso mesturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas



    Os Megatoxos e a espada esmeralda (segunda parte do gran éxito de Anxo fariña, Os Megatoxos e o aprendiz de druida)
    Anxo Fariña
    Ilustración. Fariña, Anxo

    Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.

    Se queres ler un capítulo preme
    AQUÍ


    Trece anos de Branca
    (a partir de 13 anos)
    Agustín Fernández Paz
    Ilustracións de Manuel Uhía
    Col. Periscopio, 1. Edebé-Rodeira. Barcelona, 1994 Premio "Edebé" de literatura xuvenil 1994


    Branca é unha rapaza chea de ilusións. Unha hepatite obrígaa a gardar cama durante uns meses, tempo que aproveita para facer un repaso das súas experiencias infantís. Un álbum cheo de fotografías traeralle esas sensacións xa vividas. Ó mesmo tempo, Branca decátase de que deixa atrás unha parte importante da súa vida para dar paso á adolescencia...



    O misterio dos fillos de Lúa
    (a partir de 8 anos)

    Fina Casalderrey
    Ediciones SM


    O Barco de Vapor - Serie Laranxa

    David -un neno de oito anos- xunto coa súa noiva Branca -de nove anos- tratan de descubrir a razón de que os fillos da súa gata Lúa (que parirá na súa presencia) desaparezan cada vez que ten unha camada. A súa bisavoa, como xa é moi maior, dille que o seu pai enterrounos na veiga. Pero existen outros sospeitosos, como o señor Indalecio... Terán que poñer trampas e estar atentos ás pegadas do posible ladrón de gatos.


    Un coelliño na beiramar
    (a partir de 5 anos)
    Ramón Caride
    Ilustracións de Patricia Castelao
    Col. Ler é vivir. Ed. Everest Galicia.

    Nunha casa da montaña vivía Pimpín, un coello valente e viaxeiro que un día quixo ir á beiramar para ver os mazaricos petiscar na lama procurando manxares, os longueiróns durmiñando debaixo da area, as gaivotas nugallás planando sobre o peirao...

    1/4/08

    LEMBRANDO A H. C. ANDERSEN

    Xa coñecedes moitos contos de Andersen e seguro que tamén sabedes o do SOLDADIÑO DE CHUMBO. Aquí tendes actividades para escoitar o conto e xogar con esta bonita historia.
    Fai clic na imaxe e divírtete.

    Agora podes ver unha animación doutra historia que seguro que tamén coñeces: O TRAXE NOVO DO EMPERADOR

    PARTE 1



    PARTE 2



    PARTE 3

    Engadir a Marcadores