12/1/09

UN AUTOR PARA O 2009: ISAAC ASIMOV

Co gallo da celebración do Ano Internacional da Astronomía temos unha boa ocasión para adentrarnos no universo da man do escritor e divulgador científico ISAAC ASIMOV, autor americano aínda que nacido en Rusia no ano 1920. En 1939 gradúase como bioquímico na universidade de Columbia e neste mesmo ano comeza a publicar historias en revistas de ciencia ficción. A partir de 1958 deixa as súas actividades na investigación e na docencia para adicarse exclusivamente a escribir sendo o autor dunhas 500 obras con distintas temáticas: ciencia ficción, misterio, humor...

Aínda lembro con que fruición lin, na miña xa lonxana adolescencia, algúns dos seus libros (Yo, Robot, Fundación, Las bóvedas de acero, El sol desnudo), fascinada por un mundo cheo de robots, cidades suterráneas, seres humanos habitantes de planetas inhóspitos... que abrían horizontes novos á imaxinación.

A orixinalidade e atractivo das súas narracións cun estilo directo, sinxelo e con un toque de humor, serviron para alimentar a sétima arte, sendo numerosas as novelas de Asimov que foron levadas ao cine como "O home bicentenario" baseada na novela do mesmo título e protagonizada polo actor Robin Willians, ou a máis actual "Yo, Robot", protagonizada polo actor Will Smith.

Algúns títulos deste autor (ciencia ficción):

El robot completo

Anochecer

Némesis

Sueños de Robot

Robots e Imperio

Los robots del amanecer

El hombre bicentenario

El sol desnudo

El fin de la eternidad

Las bóvedas de acero

Yo, robot

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores