Aínda que eu, como moitas das persoas que nos movemos no mundo da educación, rodead@s por nenos e nenas que na meirande parte dos casos aínda non superaron a adolescencia, teño tendencia a empregar o meu tempo libre nas lecturas dirixidas sobre todo ás súas idades (confeso que para min é un auténtico pracer) tamén procuro atopar tempo para abordar esas lecturas pendentes, que están á espera agardando momentos propicios... Estas vacacións aproveitei para ler algúns deses libros que tiña escollidos e esperando turno na estantería. Hoxe falareivos dun deles.
Despois de ler hai pouco Los hombres que no amaban a las mujeres, de Stieg Larsson, e co bo sabor de boca que me deixara, tiña ganas de seguir mergullada nas apaixoantes aventuras daqueles dous personaxes singulares, Mike e Lisbeth, polo que nestas vacacións aproveitei para facerme co segundo libro da triloxía que xa ten enganchado a milleiros de persoas. Por suposto xa o título, La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, resulta chamativo e algo desconcertante aínda que na liña esperada despois do primeiro volume. Así que sen pensalo máis lin con avidez e sen tregua as máis de setecentas páxinas que conforman esta novela. Non me decepcionou. Nesta segunda entrega da serie chegamos a coñecer o oscuro pasado de Lisbeth e como este pasado a convirte no que agora é.
As vidas dos dous protagonistas semellan terse separado por completo:Lisbeth Salander cura as feridas de amor en soidade, aínda que intente distraer o desencanto co estudo das matemáticas e certos praceres nunha praia do Caribe. Pola súa banda Blomkvist vive bos momentos en Millennium, coas finanzas da revista saneadas e recoñecemento profesional por parte de colegas e outros medios. Agora ten entre mans unha reportaxe apaixoante que desencadeará un sinfín de acontecementos así como o cruce de camiños entre os dous protagonistas.
O interese, a complexidade e riqueza da trama e dos personaxes vai medrando. Os feitos que van desvelándose resultan impactantes e a acción é trepidante. Con todas as expectativas superadas seguimos a experimentar a necesidade de ler máis, polo que xa agardamos con impaciencia o último título: La reina en el palacio de las corrientes de aire
ALGUNHAS RESEÑAS SOBRE O AUTOR:
La asombrosa vida breve de Stieg Larsson (Papel en blanco)
La rabia de Stieg Larsson (El país)
Stieg Larsson
Carmen Rico Coira plántalle cara ao maltrato
Hace 12 años
Aínda non lin os seus libros, pero penso facelo. Un saúdo...
ResponderEliminarMoi recomendables, con todos os ingredientes que convirten estas novelas en best-sellers cunhas vendas extraordinarias. En fin, para ler de un tirón...
ResponderEliminarXa lín os dous primeiros libros e estou desexando que saia o terceiro. Son realmente apaixoantes, e enganchan dende a primeira páxina ata a última.
ResponderEliminarEstes libros teñen moi boa pinta, mercareinos en canto poida!
ResponderEliminar