23/01/10

PIGEON: IMPOSSIBLE

Pigeon: impossible é o título dunha curtametraxe independente, que se converteu nun dos grandes triunfadores de Art Futura 2009. Unha fantástica animación chea de chiscadelas cinematográficas, producida por Lucas Martell, onde o novato axente Walter Beckett vese envolto en problemas cando se atopa cunha pomba:



Vía: bega
Tamén en Bibliotics

05/01/10

COLLEJEROS


No programa de humor de José Mota, incluido na programación da TVE na noite de fin de ano, puidemos ver un sketch moi divertido no que se parodiaba "Callejeros", un programa do canal de televisión CUATRO. Na reportaxe "enganchados a la lectura" a mocidade reúnese para satisfacer un "vicio"...
Un vídeo simpático, para sorrir mentres agardamos aos Reis...


01/01/10

LO + 2009

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez ofrécenos, como todos os anos, unha selección do mellor do ano que remata, de entre os títulos publicados para nen@s e moz@s ao longo de 2009, na que atoparemos álbums, novelas, poemarios, contos breves e cómics.

LO + 2009

LO + 2008


13/12/09

DIVERTIDOS, PRÁCTICOS E ORIXINAIS

Agora que se achega o Nadal xa andamos cavilando nos agasallos que irremediablemente temos que facer, co consecuente crebadeiro de cabeza, e que en algunhas ocasións non acadan o éxito que desexamos. Menos mal que agora inventaron o "ticket regalo", que resignadamente adxuntamos ao agasallo, por si acaso, e que en certa medida nos alivia e nos libera de seguir en vilo ata a entrega do obxecto en cuestión. Non digamos cando nos enfrontamos á necesidade de obsequiar un libro a un lector/a empedernido e esixente co que é moi doado errar na elección dun exemplar. Para estes casos pode resultar unha boa solución optar por algún destes accesorios que vin en Papel en blanco:

PARA OS DESPISTADOS/AS:

PARA PÁXINAS REBELDES :

PARA FRIKIS

PARA OS QUE SE PERDEN:
PARA OS NUGALLÁNS:
PARA OS QUE LEN NA CAMA:
E por último, unhas fundas PARA OS CORTADOS/AS




¿AÍNDA NON SABES QUE REGALAR!?

12/12/09

EL SUEÑO DEL CARACOL

Unha conmovedora historia entre libros:

07/12/09

¡HOMBRE DE COLOR!

¡HOMBRE DE COLOR!
Jérôme Ruiller (autor e ilustrador),
Ed. Juventud

Con este conto para primeiros lectores, Jérôme Ruiller pon de manifesto as inexactitudes que encerran algúns eufemismos do tipo “hombre de color”, neste caso referido ás persoas de pel negra. Trátase dun álbum que axudará aos máis pequenos a entender que branco e negro son en definitiva cores, polo que todos os seres humanos somos persoas de cor. Un conto cheo de humor e tenrura, recollido da tradición oral africana, contra as expresións racistas disfrazadas na fala diaria e que cuestiona os prexuizos e as ideas preconcebidas. ¡Unha boa opción para este Nadal!

04/12/09

The Incredible Book Eating Boy

Hai algún tempo xa vos falei deste álbum. Hoxe déixovos esta fantástica animación que, aínda que está en inglés, ofrécenos outro xeito de disfrutar dun magnífico libro.


21/11/09

SE VENDE MAMÁ

Hai uns días recibín de agasallo o último “Premio Barco de Vapor”, unha obra de Care Santos titulada Se vende mamá que trae a colación as actualísimas redes sociais. Trala inocencia dun neno que emprega os servizos do portal e-bay están os conflitos familiares, os ciumes, o sentimento de abandono, as relacións pais-fillos... Un libro entretido, con certas doses de humor e cunha mensaxe que cada lector/a debe descubrir.

LIBROESCULTURA

Su Blackwell é unha artista inglesa que utiliza libros vellos e papel para crear as súas "libroesculturas". Un fermosísimo traballo de gran beleza poética e enorme riqueza plástica.





31/10/09

LE - AIR


Se queres viaxar acude a esta fantástica axencia de viaxes: LEAIR

"Leer te lleva más lejos" é a nova campaña de animación á lectura do Ministerio de cultura que resulta moi atractiva e interesante: podes convertirte nun BOOKER, escoller diferentes WEBSTINOS ou acceder a un BOOKSCADOR.

SE AVENTUREIR@: VIAXA!!!


Visto en Más que libros

Engadir a Marcadores