21/12/08

LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO

Título: La clave secreta del universo
Autores: Lucy e Stephen Hawking
Editorial: Montena


Hoxe recoméndovos un libro que xa está na nosa biblioteca e que ademais viaxa polos fogares do noso alumnado nas mochilas viaxeiras. Trátase de La clave secreta del universo, da xornalista Lucy Hawking, coautora xunto co seu pai, o coñecido científico Stephen Hawking.

A novela trata das aventuras de dous nenos, George e Annie, que viaxan polo sistema solar subidos nun cometa. O primeiro é fillo duns ecoloxistas radicais que lle teñen prohibido todo contacto coa tecnoloxía. Annie, vive na casa veciña; é filla dun científico que conta cun prodixioso ordenador que lles permitirá voar ao lombo de cometas, visitar planetas, contemplar buracos negros e escapar das trampas dos malvados. É un espléndido libro cheo de explicacións sinxelas sobre o Big Bang, sobre os buracos negros, sobre o universo, sobre a física que o rexe e que Hawking axudou a desvelar.
A mensaxe da historia virá da man do encontro entre os dous mundos: ecoloxía e ciencia unidas para protexer a nosa Terra.

Aproveita estes días de vacacións para asomarte ao universo e vivir emocionantes aventuras. Pídello aos Reis Magos ou solicítao na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Engadir a Marcadores