Mostrando entradas con la etiqueta álbum. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta álbum. Mostrar todas las entradas

28/2/10

LA GRAN ORQUESTA DE LOS ANIMALES

Coñecín este fermosísimo álbum grazas á Biblioteca Escola Sant Jordi- Lleida. La gran orquesta de los animales, da editorial Thule, foi escrito por Daniel Monedero e ilustrado por Óscar T. Pérez, que nos ofrecen esta presentación para ir facendo boca:




Tamén podes disfrutar deste vídeo:

¡E non deixedes de visitar a páxina dos autores, El Canibalibro!


7/12/09

¡HOMBRE DE COLOR!

¡HOMBRE DE COLOR!
Jérôme Ruiller (autor e ilustrador),
Ed. Juventud

Con este conto para primeiros lectores, Jérôme Ruiller pon de manifesto as inexactitudes que encerran algúns eufemismos do tipo “hombre de color”, neste caso referido ás persoas de pel negra. Trátase dun álbum que axudará aos máis pequenos a entender que branco e negro son en definitiva cores, polo que todos os seres humanos somos persoas de cor. Un conto cheo de humor e tenrura, recollido da tradición oral africana, contra as expresións racistas disfrazadas na fala diaria e que cuestiona os prexuizos e as ideas preconcebidas. ¡Unha boa opción para este Nadal!

13/3/09

LOS AMANTES MARIPOSA


LOS AMANTES MARIPOSA

Autor: Benjamin Lacombe
Traducción de Elena Gallo Krahe
Editorial: Edelvives

Los amantes mariposa é un álbum en gran formato que recrea unha lenda anónima chinesa e que relata unha tráxica historia de amor na que os protagonistas viven episodios de tenrura e momentos dramáticos comparables aos de Romeo e Xulieta. Na versión creada por Benjamin Lecombe, Naoko, unha moza de catorce anos decide escapar do destino tradicional dunha rapariga chinesa da época e enganar ao seu pai coa intención de estudar literatura na cidade, para o que deberá vivir disfrazada de home. Alí coñecerá ao amor da súa vida e comezara unha fermosísima historia de amor.
O seu estilo sinxelo e as súas extraordinarias ilustracións fan deste álbum unha auténtica obra
de arte. Aínda que a editorial recomenda a súa lectura a partir dos sete anos de idade, a calidade e os atractivos da obra tamén enganchan aos adultos.
O ilustrador do libro, o francés Benjamin Lacombe, demostra nesta obra o seu enorme talento xa recoñecido a nivel internacional e que podes constatar na súa páxina.


(Publicado en O recanto de Mik)

26/1/09

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Título: A casa da mosca chosca

Autora: Eva Mejuto

Ilustrador: Sergio Mora

Editorial: Kalandraka


Outro dos meus contos favoritos co que sempre consigo que o alumnado se entusiasme é A CASA DA MOSCA CHOSCA, un álbum ilustrado moi divertido e orixinal xa que en moi poucas ocasións poderemos atopar unha mosca como protagonista dun conto. Trátase dunha adaptación de Eva Mejuto dun conto popular ruso cunhas estupendas ilustracións de Sergio Mora.
É a historia dunha "mosca chosca" que decidiu construír unha casa, farta de andar dun sitio para outro. Cando rematou, para inaugurar o seu fogar preparou unha torta de amoras e colocou sete banquetas e sete pratos. Axiña foron chegando, atraídos polo arrecendo do pastel, o "escaravello revello", o "morcego chairego", o "sapo castrapo", a "moucha repoucha", a "raposa chistosa" e o "lobicán pillabán".
Pero cando cría que por fin podían empezar a merendar, aparece un convidado pouco educado, o oso goloso, disposto a zamparse rapidamente a riquísima torta…
A través de estruturas acumulativas, se favorece o coñecemento dos números entre os máis cativos e se pode propiciar a participación colectiva cando se fai a lectura para un grupo.
As ilustracións teñen unha grande importancia xa que, cun orixinal deseño dos personaxes, completan o texto aportando unha enorme riqueza visual.

Tamén en castelán co título LA CASA DE LA MOSCA FOSCA.



PÍDEO NA BIBLIOTECA!!

Engadir a Marcadores