Achégase o 30 de xaneiro, no que celebramos o Día escolar da Paz e da non violencia, polo que acae moi ben que hoxe vos recomende algúns libros que dun xeito ou doutro nos axuden a reflexionar sobre unha das peores lacras da humanidade: as guerras, a violencia e todo o que conlevan:
Cuando sea mayor quiero ser Premio Nobel de la Paz
Autora: Isabel Pin
ED: Proteus
Un neno decide facer todo o posible para gañar o Premio Nobel da Paz, pero pronto comprobará o difícil que é conseguilo...
Título: Fume
Autor: Antón Fortes
Ilustracións: Joanna Concejo
Col. Qontextos. OQO
Un álbum ilustrado dunha conmovedora historia de Antón Fortes cunhas intensas imaxes, da ilustradora polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a dura realidade do protagonista nun campo de concentración.
“Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos imos reunir”. Ver reseña en El Progreso
Título: SMARA
Autora: Paula Carballeira
Ilustración: Hénaff, Carole
Editorial: Kalandraka
Coleccion: Seteleguas
SMARA comeza cun neno, un avión e o deserto do Sahara, como O principiño. Pero en Smara ese avión é o que leva o neno a un mundo que lle ha permitir coñecer as historias que lle conta a avoa Ugago mentres espera pola morte, historias marabillosas dun pobo -o saharauí- que un día tivo que abandoar a cidade de Smara para instalarse "nunha terra que ninguén quere". Alí, no exilio, os fillos da nube fundarán unha nova Smara na que seguir tomando té e contando historias...
Carmen Rico Coira plántalle cara ao maltrato
Hace 12 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario