Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas

6/6/09

NEGROS E BRANCOS

David McKee é un escritor e ilustrador británico coñecido especialmente por ser o creador da serie ELMER, o elefante de cores inspirado na obra de Paul Klee. Nesta ocasión volven aparecer os elefantes como protagonistas dunha historia de enemizades e pelexas sen outra causa que a diferenza de cor da pel. Unha guerra orixinada por motivos absurdos como absurdas son todas as guerras... Ao final, cando xa todo semellada discurrir polos camiños pacíficos, aparece unha actitude que nos deixa un pouso de preocupación. Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas.




BÚSCAO NA BIBLIOTECA!!


18/1/09

LECTURAS PARA A PAZ ( II )


Cartas a Bárbara
Leo Meter

Editorial: Salamaca, Loguez Ediciones


A través das cartas que escribe coñecemos a vida dun artista reclutado polo exército nazi e enviado a Ucrania. Dende alí escribe á súa filla, metade xudía e metade aria, dándolle conta das cousas cotiás, da dor e a desolación. Pero esas cartas cheas de debuxos e doutras historias fantásticas fálannos da necesidade de refuxiarse no amor e na literatura como única posibilidade de sobrevivir ao horror da guerra. (Desde 12 anos).



Flon-Flon y Musina
Elzbieta
S.M.
É difícil explicar a guerra aos nenos. É difícil entender que os veciños que sempre conviviron se vexan separados por murallas de arame de espiño. A guerra non se explica e os dous amigos, Flon-Flon e Musina non poden entendela. Toca aos maiores tratar de evitala, de tender pontes para dialogar e atoparse. (Desde 6 anos)



La guerra de nunca acabar
Gómez Cerdá, Alfredo
Ed. Everest. Punto de encuentro

Sátira antibelicista que relata a historia de dous reis moi peculiares: Pirulo Trinta e Un, e Ventoso Vinte e oito, eternamente enfrontados. Os soldados dos dous bandos, cansos de pelexar, fan unha tregua para bañarse no río, os reis queren asinar un tratado de paz, pero ao non lembrar o motivo da guerra vólvense enfrontar.

A obra é unha crítica irónica, cargada de humor e sátira, sobre a natureza e o absurdo da guerra en clave de teatro.
A adaptación ao teatro valeulle ao autor o Premio "Assitej".


RELACIÓN de títulos de libros relacionados co tema do pacifismo, as guerras..., facilitado por SOL- e (Servicio de orientación a la lectura)

17/1/09

LECTURAS PARA A PAZ ( I )

Achégase o 30 de xaneiro, no que celebramos o Día escolar da Paz e da non violencia, polo que acae moi ben que hoxe vos recomende algúns libros que dun xeito ou doutro nos axuden a reflexionar sobre unha das peores lacras da humanidade: as guerras, a violencia e todo o que conlevan:


Cuando sea mayor quiero ser Premio Nobel de la Paz
Autora: Isabel Pin
ED: Proteus

Un neno decide facer todo o posible para gañar o Premio Nobel da Paz, pero pronto comprobará o difícil que é conseguilo...



Título: Fume
Autor: Antón Fortes
Ilustracións: Joanna Concejo
Col. Qontextos. OQO

Un álbum ilustrado dunha conmovedora historia de Antón Fortes cunhas intensas imaxes, da ilustradora polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a dura realidade do protagonista nun campo de concentración.

“Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos imos reunir”. Ver reseña en El Progreso


Título: SMARA
Autora:
Paula Carballeira
Ilustración: Hénaff, Carole
Editorial: Kalandraka
Coleccion: Seteleguas

SMARA comeza cun neno, un avión e o deserto do Sahara, como O principiño. Pero en Smara ese avión é o que leva o neno a un mundo que lle ha permitir coñecer as historias que lle conta a avoa Ugago mentres espera pola morte, historias marabillosas dun pobo -o saharauí- que un día tivo que abandoar a cidade de Smara para instalarse "nunha terra que ninguén quere". Alí, no exilio, os fillos da nube fundarán unha nova Smara na que seguir tomando té e contando historias...

Engadir a Marcadores