Mostrando entradas con la etiqueta interculturalidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta interculturalidade. Mostrar todas las entradas

7/12/09

¡HOMBRE DE COLOR!

¡HOMBRE DE COLOR!
Jérôme Ruiller (autor e ilustrador),
Ed. Juventud

Con este conto para primeiros lectores, Jérôme Ruiller pon de manifesto as inexactitudes que encerran algúns eufemismos do tipo “hombre de color”, neste caso referido ás persoas de pel negra. Trátase dun álbum que axudará aos máis pequenos a entender que branco e negro son en definitiva cores, polo que todos os seres humanos somos persoas de cor. Un conto cheo de humor e tenrura, recollido da tradición oral africana, contra as expresións racistas disfrazadas na fala diaria e que cuestiona os prexuizos e as ideas preconcebidas. ¡Unha boa opción para este Nadal!

17/1/09

LECTURAS PARA A PAZ ( I )

Achégase o 30 de xaneiro, no que celebramos o Día escolar da Paz e da non violencia, polo que acae moi ben que hoxe vos recomende algúns libros que dun xeito ou doutro nos axuden a reflexionar sobre unha das peores lacras da humanidade: as guerras, a violencia e todo o que conlevan:


Cuando sea mayor quiero ser Premio Nobel de la Paz
Autora: Isabel Pin
ED: Proteus

Un neno decide facer todo o posible para gañar o Premio Nobel da Paz, pero pronto comprobará o difícil que é conseguilo...



Título: Fume
Autor: Antón Fortes
Ilustracións: Joanna Concejo
Col. Qontextos. OQO

Un álbum ilustrado dunha conmovedora historia de Antón Fortes cunhas intensas imaxes, da ilustradora polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a dura realidade do protagonista nun campo de concentración.

“Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos imos reunir”. Ver reseña en El Progreso


Título: SMARA
Autora:
Paula Carballeira
Ilustración: Hénaff, Carole
Editorial: Kalandraka
Coleccion: Seteleguas

SMARA comeza cun neno, un avión e o deserto do Sahara, como O principiño. Pero en Smara ese avión é o que leva o neno a un mundo que lle ha permitir coñecer as historias que lle conta a avoa Ugago mentres espera pola morte, historias marabillosas dun pobo -o saharauí- que un día tivo que abandoar a cidade de Smara para instalarse "nunha terra que ninguén quere". Alí, no exilio, os fillos da nube fundarán unha nova Smara na que seguir tomando té e contando historias...

Engadir a Marcadores