Nunha entrada anterior faleivos de EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS, de Oliver Jeffers. Deste mesmo autor é outro delicioso álbum, PERDIDO Y ENCONTRADO, da editorial Fondo de Cultura Económica, cunhas orixinais ilustracións cheas de cor e que narra unha inxenua historia de amizade entre un neno e un pingüín que atopa á porta da súa casa e que non sabe regresar ao seu fogar. Despois de averiguar que estes animais viven no Polo Norte, busca a maneira de levalo ata alí. Durante a viaxe descubre o que é a soidade, a nostalxia... Os estudos AKA produciron unha deliciosa película de animación de 30 minutos de duración. Aquí vos deixo o tráiler, seguro que esta historia vos entusiasmará igual que a min.
Se queres ver algunhas imaxes cunha estupenda calidade preme na seguinte ilustración:
No hay comentarios:
Publicar un comentario