14/12/08

DOUS CONTOS E UN ILUSTRADOR

Con este post quero iniciar unha nova sección: OS MEUS CONTOS PREFERIDOS, na que irei explicando cales son aqueles contos que por unha razón ou por outra teñen un especial significado para min. Nun artigo anterior faleivos de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e hoxe vouvos falar de dous contos e un ilustrador.

A cebra Camila

Marisa Núñez

Ilustracións de Oscar Villán

Ed. Kalandraka



Este precioso álbum conta a historia da cebra Camila, que perdeu as súas raias nun día de moito vento no que saiu pasear sen tirantes nin cueiro. Camila chora os sete chorares ante a súa desgraza pero a amizade e a solidariedade doutros animaliños van solucionando o seu problema.
As ilustracións de Óscar Villán son dunha enorme calidade e a obra acada un perfecto equilibrio entre a imaxe e o texto.




O coelliño branco

Xosé Ballesteros

Ilustracións de Óscar Villán

Kalandraka Editora



O coelliño branco é a adaptación dun conto popular portugués na que un coelliño sae a buscar coles para un caldiño e ao regreso non pode entrar na súa casa porque unha terrible cabuxa ocupou o seu fogar. O pobre coelliño non atopa axuda entre os animais da granxa pois todos eles temen enfrentarse á feroz cabuxa ata que se demostra que a valentía non é cuestión de tamaños...
O coelliño branco é un texto-fórmula que xoga de forma especial coa sonoridade e maila rima, e está concebido tanto para ser lido coma para ser contado.

Óscar Villán fai aquí tamén un extraordinario traballo de ilustración polo que acadou o Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil no ano 1999


Ilustracións recollidas na páxina web de Óscar Villán

Camila co arco da vella


A serpe axuda a Camila



Coelliño pide axuda ao can

A despedida

PÍDEOS NA BIBLIOTECA!!

2 comentarios:

  1. Vim hoje aqui pelaprimeira vez..o que li leva-mea acrescentar este blogue nos meus favoritos ..parabéns..só podia ser um blogue de uma maestra
    Um abraço marinheiro
    Marieke

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Marieke! Un pracer atoparte por aquí e unha grande satisfacción por considerar este blog entre os teus favoritos. Con el pretendo guiar aos cativos polo mundo dos libros, claro que sempre baixo un ponto de vista persoal, subxectivo e, polo tanto, discutible.
    Unha aperta,
    Julia.

    ResponderEliminar

Engadir a Marcadores