Grazas ao blog O falar non ten cancelas descubrín estas estupendas animacións en Flocos.tv, cineclube do audiovisual galego. Trátase de sete curtas baixo o título xenérico A LINGUA ANIMADA e baseadas en textos e relatos da nosa literatura, de autores como Cunqueiro, Murguía, Eladio Rodríguez ou Avilés de Taramancos. Foron realizadas por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003.
O dramático e escatolóxico problema do demo Alistán (O demo oveiro), así como o relato do eficaz método pedagóxico de Martín Sarmiento (A escola das areas), son as miñas historias preferidas. Cal che gusta máis a ti?
ALISTÁN, O DEMO OVEIRO - A XAGUARANA - A ESCOLA DAS AREAS - GOOD NIGHT MON AMI - MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ - OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO -IGNOTUS
No hay comentarios:
Publicar un comentario