O día 23 de maio imos disfrutar dunha sesión de teatro que nos traen ao cole os nenos e nenas do Ceip Canicova. Trátase da obra "Abilio Bigotes", de Mª Jesús Pereira, que pon en escea o alumnado de 5º B. A autora da obra é ademáis a directora deste grupiño de novos talentos que seguro nos deleitará co seu bo facer no escenario.
Despois da representación teremos "mesa redonda" cos actores e actrices que conversarán cos alumnos e alumnas do terceiro ciclo. Vai ser unha experiencia estupenda!!
FICHA TÉCNICA
“ ABILIO BIGOTES”
DIRECCIÓN: CHUS PEREIRA (CHUSIÑA PARA OS AMIGOS).
PERSONAXES: OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5ºB (cada un o seu).
REALIZACIÓN: CHUSIÑA.
DESEÑO DE VESTIARIO: AS NAIS DOS RAPACES.
TÉCNICO DE SON: PEPIÑO CARAMES (SE PODE VIR).
ILUMINACIÓN: SE NON FALLA, FENOSA.
SINOPSE:
Dous vellos comenzan a pensar que na sua vida fáltalles algo, facendo memoria decátanse que ese algo é un fillo, e como mais vale tarde que nunca, deciden porlle remedio á situación. Aquí comenzan os seus problemas…

No hay comentarios:
Publicar un comentario