4/6/08

DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA


No noso convencemento de que a familia xoga un papel fundamental no fomento do hábito lector, durante este curso a nosa biblioteca tentou acercarse ao entorno familiar, mediante as mochilas viaxeiras e outras actuacións, con resultados moi positivos. Agora que se aproximan as vacacións queremos facer con vós algunhas reflexións para que esa boa práctica de ler en familia, ou simplemente de ler, se reforce nesta época de ocio.

A formación de todo individuo depende de dous ambientes fundamentais: a familia e a escola. En principio, a creación de hábitos lectores, así como dos hábitos de comportamento, das actitudes e valores, áchase inicialmente na familia.
A escola non pode suplir a responsabilidade que corresponde á contorna familiar no achegamento ao libro. A creación dun hábito lector, a promoción e difusión da lectura, non son competencia única da escola. Son as familias as que propician o acercamento temperán do neno/a aos libros e por iso cremos que é moi conveniente convertirnos en FAMILIAS COMPROMETIDAS COA LECTURA.

DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA:

1. Unha familia comprometida coa lectura é aquela que anima aos seus fillos a ler ata antes de que estes o saiban facer. Deixan aos pequenos/as que investiguen, que se recreen mirando as ilustracións dos libros...

2. É aquela que conta contos aos seus fillos, que lles recita pequenas rimas, que enche os seus oídos de musicalidad e beleza.

3. É aquela que nunca forza a ler.

4. É unha familia que selecciona moi ben os libros dos seus fillos ( ata determinada idade ), valorando o feito de que as boas ilustracións axudan a formar o seu gusto pola arte e polo fermoso.

5. É aquela que dá exemplo de lectura a diario.

6. É aquela que comparte as lecturas dos seus fillos e fillas e xuntos coméntanas.

7. Unha familia comprometida coa lectura procura coñecer os gustos dos seus fillos e respéctaos no posible.

8. É unha familia que acode cos fillos aos lugares onde están os libros -librerías e bibliotecas-, e anímaos a facerse socios dalgunha biblioteca.

9. É aquela familia que fomenta o gusto e coidado da biblioteca persoal dos seus fillos, e que dispón para tal efecto dun espazo apropiado.

10. Unha familia comprometida coa lectura considera que a compra dun libro non é algo excepcional con motivo dunha celebración, aínda que nestas ocasións o libro ten que estar presente como agasallo, senón que o considera parte dos gastos de educación.


(Extraído de Plataforma educativa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores