Aquí tés algunhas ideas para disfrutar lendo durante este mes que festexamos os nosos escritores e as nosas letras. Os libros aquí presentados son de autores galegos de moito talento e de gran éxito. Anímate a ler e xa verás...!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiWz6N0kEFOI5FbqHZvMfJMF5YlYik33ASDBgdrih-U5oKvzLkdFf-g-DXnbj84SO0VTL2273pkaHxXM8zt4s5o1_5GiT4gxFx1X0j_TPjfCXS5Bl4guwwiYaTNiIKDM4CrAiDslaY-Jrs/s320/megatoxospeq.jpg)
Os Megatoxos e o aprendiz de druida
(a partir de 11 anos)
Anxo Fariña
Ilustración. Fariña, Anxo
Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente fará que as súas vidas cambien. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo iso mesturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjLXYX9Cz95lMSOO2GcZ7DONINPHvcNfHROItzQO38sgVOoMv-if8yxgF6MIIIP4O6Iopz3AM9Ct3clBN6npUfoxUKcfe-U1vZLK4ypZdLIlpo3WcKJvmrGBSsEJvT_111SiBcKxtpmgZU/s320/mgtespada.jpg)
Os Megatoxos e a espada esmeralda (segunda parte do gran éxito de Anxo fariña, Os Megatoxos e o aprendiz de druida)
Anxo Fariña
Ilustración. Fariña, Anxo
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.
Se queres ler un capítulo preme AQUÍ
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgnNtyun-C25Ws5W1D6fPtA-spWNKU7xjWIS4SC1PmE-xbBHYH0zTH0A2I2xWmqK81aJklpkHw0SV1uquC57kqPqPJGYonrFjgGOT8SJTcUFkE0gOgDDFE2oWTNKuaHZbZxiSNU9A0bAmo/s320/trece2.jpg)
(a partir de 13 anos)
Agustín Fernández Paz
Ilustracións de Manuel Uhía
Col. Periscopio, 1. Edebé-Rodeira. Barcelona, 1994 Premio "Edebé" de literatura xuvenil 1994
Branca é unha rapaza chea de ilusións. Unha hepatite obrígaa a gardar cama durante uns meses, tempo que aproveita para facer un repaso das súas experiencias infantís. Un álbum cheo de fotografías traeralle esas sensacións xa vividas. Ó mesmo tempo, Branca decátase de que deixa atrás unha parte importante da súa vida para dar paso á adolescencia...
O misterio dos fillos de Lúa
(a partir de 8 anos)
Fina Casalderrey
Ediciones SM
O Barco de Vapor - Serie Laranxa
David -un neno de oito anos- xunto coa súa noiva Branca -de nove anos- tratan de descubrir a razón de que os fillos da súa gata Lúa (que parirá na súa presencia) desaparezan cada vez que ten unha camada. A súa bisavoa, como xa é moi maior, dille que o seu pai enterrounos na veiga. Pero existen outros sospeitosos, como o señor Indalecio... Terán que poñer trampas e estar atentos ás pegadas do posible ladrón de gatos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjIEc4adjRLXd7557OxqOXHndipRIBNe5vM0IFfE3Eo5X6H90ByrmJ-DaubjUP894H-NsXDFWLpqJV_m-AXxvWPLJZiqyhi_wIQBenjxIEu7Z25auqlBD0SPROu7VQBn7yIhgEOICA0MpE/s320/coellinho.jpg)
Un coelliño na beiramar
(a partir de 5 anos)
Ramón Caride
Ilustracións de Patricia Castelao
Col. Ler é vivir. Ed. Everest Galicia.
Nunha casa da montaña vivía Pimpín, un coello valente e viaxeiro que un día quixo ir á beiramar para ver os mazaricos petiscar na lama procurando manxares, os longueiróns durmiñando debaixo da area, as gaivotas nugallás planando sobre o peirao...
No hay comentarios:
Publicar un comentario