Manuel síntese só. A súa filla vive noutro país, a súa muller morreu hai algún tempo e el emprega as horas lendo “Cando Manuel abría un libro convertíao en bolboreta. Pasaba as follas e agarimaba as súas ás de cores”. Vivía co seu gato Sol pero... unha tarde Manuel non tiña ganas de rir, nin de merendar, nin de regar as plantas... E de pronto tivo unha idea fantástica! Que pensará facer? Dun xeito maxistral, Fina Casalderrey achega aos cativos o problema de soidade que sufren moitos maiores. A importancia e o valor dos libros e as relacións familiares son outros dos temas que aborda este texto marabilloso, ilustrado porMª Fe Quesada
Indicado a partir de sete anos
TÉMOLO NA BIBLIOTECA. PÍDEO XA!!
E lembra que, se temos sorte, TODOS chegaremos a vellos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario