Autora: Luisa Aguilar
Ilustracións: André Neves.
Kalandraka, 2008.
Con frecuencia os nenos atopan motivos de burla en calquera rasgo ou pequena diferencia dos demais. Neste fermoso libro, a súa protagonista, Mara, transforma esas diferencias en algo marabilloso e positivo do que sentirse fachendosa. Ao final decátase de que a diferencia fainos especiais e únicos. Este conto axuda aos máis cativos a aceptarse, poñendo en valor as características que nos diferencian dos demáis, reforzando así a súa personalidade e a súa autoestima. O libro trata sen dramatismos e con naturalidade un tema moi vencellado aos problemas que todos , dun xeito ou doutro, sufrimos na infancia. Esta obra é moi recomendable para sensibilizar contra o acoso escolar nas aulas.
As ilustracións coloristas e vitais de André Neves acompañan a historia da pequena Mara, unha rapaza valente que se acepta a si mesma con alegría.
PÍDEO NA BIBLIOTECA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario