13/3/09

UN POUCO DE BD

Temos na biblioteca novos exemplares de tres títulos de Banda Deseñada en galego, un ben escaso nos tempos que corren. E é que ata o de agora as editoriais non apostaban por este xénero aínda que é dos preferidos entre os máis novos, o que resulta certamente chocante en canto as razóns desta escaseza.


VILAVERZAS


Autor: Robledo, Miguel
Editorial: Faktoría K de Libros
Serie: Colección BD Banda

Benvidos a Vilaverzas. Reducide a velocidade. Durante a travesía podedes atopar no camiño con vehículos extraños a diversas velocidades, criaturas que cruzan a calzada entonando pegadizas cancións, nenos enredados en aventuras diversas e numerosos lugares pintorescos.
Os lectores quedarán prendados destes fascinantes veciños; Gor, ou neno adulto; o seu contrapunto -un adulto neno- Tobuso; Consente, unha apaixonada da lectura; e Lentillo, un simpático personaxe -metade planta, metade humano- que se comunica cunha especie de pictogramas e que ten un carácter moi peculiar, mestura de inxenuidade e optimismo. Como calquera aldea que se prece, Vilaverzas ten en Vilamexilón a súa máis directo rival; e mesmo os veciños deste lugar posúen como principal característica de identidade o seu paralelismo á inversa cos paisanos de Vilaverzas; así, se Tobuso é o chofer do autobús, en Vilamexilón é unha condutora -Dulcinea- a que manexa o volante.


FIZ

Editorial: Faktoria K de Libros
Autor: Kiko Dá Silva
Serie: Colección BD Banda.

Texto de contraportada: "Fiz parece o neno máis porco do mundo. Encántalle facer bonecos con mocos, falar con zurullos rueiros e darlle para comer ao retrete... A xente di que é un neno moi porco pero o certo é que Fiz só é un neno."



DETECTIVES AUDACES: O MISTERIO DA CASA TRAMPONA

Editoroial: Faktoria K
Autor: Josep Maria Beroy.
Serie: Colección BD Banda

Texto de contraportada: "Os Detective Audaces metéronse nunha boa lea. Investigan unha casa encantada e pásalles de todo! Atréveste a seguilos nas súas disparatadas pescudas?"
Texto de presentación de personaxes: "Yuki: A lista, a xefa, a tirana, a moi, a moi... cun coeficiente intelectual que faría ruborizar a Marilyn Von Savant, é antipática e non fai nada por disimulalo. Bio: Feito de aliaxes de metal intelixente, o último en nanotecnoloxía e en chips baseados na estrutura de carbono, deseñado por Yuki nos seus momentos libres. Marc: Corre, salta e sabe dicir "Triceratops!" sen atragantarse. Pep: Corre e salta e non sabe dicir "triceratops"."
Detectives audaces é o título da serie que se publicou orixinalmente serializada no Pequeno País entre 1992 e 1996



XA PODES PEDILOS NA BIBLIOTECA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores