19/1/09

PETRA - HELGA BANSCH


Título: PETRA
Autora: BANSCH, HELGA
Editorial: OQO EDITORA


Este relato inclúese dentro da categoría álbum ilustrado, (aquel no que a imaxe importa tanto ou máis que o texto)

A Petra, a elefanta que protagoniza este conto, non lle gusta estar gorda e soña con ser delgada e elegante. Decidida a perder peso, pon en práctica todo tipo de estratexias aconsellada por algúns amigos da selva. Así, mátase a facer exercicio, vístese cun pantalón de raias para verse máis fermosa e favorecida e mesmo decide comer somente unha vez á semana... Nada dá resultado. Pero Petra namórase e pronto esquece o seu problema...

Dun modo ameno e casual, o conto promove a aceptación da propia figura, que é un tema que hoxe non só preocupa aos adultos senón tamén aos pequenos. Como temas secundarios, resáltanse tamén o valor da amizade, a capacidade redentora do amor e o amor maternal.

Un texto cheo de tenrura e humor cunha mensaxe relevante e uns debuxos repletos de texturas, fan deste libro un perfecto compañeiro para nenos de 3 a 7 anos.

En resumo, un libro que divirte e educa.



Imaxes recollidas na web de OQO - EDITORA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores