10/12/08

COMO UNHA NOVELA

Título: Como unha novela
Autor: Daniel Pennac
Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Pennac proponse unha tarefa tan simple como necesaria nos nosos días: que o adolescente perda o medo á lectura, que lea por pracer, que se embarque nun libro como nunha aventura persoal e libremente elixida.
(Ver artigo en Solodelibros)

"Como unha novela" é unha reflexión sobre a literatura e a súa relación co ser humano que non só interesa en calidade de educadores senón tamén como lectores.
Ao final do libro Pennac establece os dez dereitos do lector. Dereitos obvios cando pensamos en nós como lectores pero que quebrantamos cando se trata dos nen@s lectores:


1. O dereito a non ler. A liberdade de escribir non debe ir acompañada do deber de ler. Evitarase considerar a priori a calquera individuo que non le, un bruto potencial ou un cretino contumaz.

2. O dereito a saltar as páxinas. Un pode saltar perfectamente os parágrafos, páxinas ou partes do libro que non lle interesan.

3. O dereito a non terminar un libro. Hai 36.000 motivos para abandoar unha novela antes do final: a historia non interesa, sensación de tela lido antes, non gusta o tema... Un libro cáenos da man? Que caia.

4. O dereito a reler. Pódese reler simplemente polo pracer da repetición, a ledicia do reencontro.

5. O dereito a ler calquera cousa. Pódense ler malas novelas. A certa idade poden estimular o saudable vicio da lectura.

6. O dereito ao bovarismo. A satisfacción inmediata e exclusiva das sensacións. Non porque unha moza coleccione novelas rosas acabará tragando unha culler de arsénico.

7. O dereito a ler en calquera lugar. Un exemplo vale máis que mil palabras: o soldado Fulano preséntase voluntario para limpar as letrinas. É un traballo despreciable pero rápido. Un cuarto de hora de limpeza permítelle ler as obras completas de
Gógol.

8. O dereito a pasar follas sen máis. Coller calquera volume da biblioteca e pasar as follas. Pódese abrir
Proust, Shakespeare ou Chandler por calquera parte; seguro que proporciona cinco minutos interesantes.

9. O dereito a ler en voz alta. Ler en voz alta para un mesmo ou para os outros é un exercicio estimulante.

10. O dereito a calar. Absoluto dereito a non opinar sobre o que se leu.

Daniel Pennac. Como unha Novela



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores