Vía mail chéganos a recomendación dun libro que resulta bastante oportuno dado o transcendental acontecemento que estamos a vivir/sufrir no planeta dende hai bastantes días (léase "eleccións nos EEUU"). E aínda que eu non lin o libro en cuestión penso que a reseña que fai este lector do blog induce a considerar que pode resultar unha lectura interesante.
Transcribo literalmente o comentario:
"Coincidindo que estamos en vísperas das eleccións nos EE.UU, dunhas eleccións ás que asistimos como meros espectadores, teño entre as mans o libro Estupidos homes brancos, un dos relatos máis lúcidos e críticos coa política, a sociedade e a economía americana. Ademáis do estilo ameno e coloquial, o que fai este libro especial é a súa universalidade: a mordaz e despiadada crítica que Michael Moore fai da sociedade americana, da súa clase política e dirixente, pódese extender a calquera latitude só con cambiar nomes e apelidos. A lectura deste libro é como un brisa que renova unha atmósfera cargada de malos fumes onde adormece, medio inconsciente, o noso espíritu crítico."
G.G. Sanjiao
FICHA DO LIBRO (Ediciones B)
No hay comentarios:
Publicar un comentario