2/5/09

UNHA CHEA DE FAMILIAS


Nestes días chegou á nosa biblioteca un precioso álbum, UNHA CHEA DE FAMILIAS, de X. A. Neira Cruz e ilustrado por Rodrigo Chao. Cun formato grande, unha ilustración suxerente e de grandes volumes, cun texto cheo de naturalidade e sensibilidade sen rozar a "ñoñería", percorremos da man da nena Mariña o edificio onde vive co seu pai, que podería ser calquera edificio de calquera das nosas cidades, aínda que seguramente Mariña reside nunha vila das Rías Baixas: "Desde esa galería pódese ver o mar. E no mar barcos a navegaren. E as illas Cíes aló ó fondo..."
O respecto pola diferenza, a igualdade, a tolerancia, rezuman durante a lectura; a vellez, a enfermidade e a morte trátanse con naturalidade; China, Marrocos, novos, vellos... nun collage perfecto de aceptación dos outros...
En Rede Lectura podes ver unha reseña deste fermoso libro, e un interesante artigo en Praza das Letras que inclúe unha crítica de An Alfaya, comentarios do autor sobre a historia e personaxes e explicacións do ilustrador sobre as técnicas que empregou. Unha lectura moi recomendable, a partir dos 8 anos.

PÍDEO NA NOSA BIBLIOTECA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores