Tres preciosos libros que teñen como protagonistas a un crocodilo e a unha xirafa aos que non importan as diferencias que existen entre eles e constrúen unha vida xuntos que os fai felices.
Son tres libros "con mensaxe" onde o argumento xira en torno á resolución dos problemas que ten unha parella tan diferente: no primeiro crocodilo ten que declarar o seu amor a xirafa; no segundo, deben enfrentarse á incomprensión dos demáis e no terceiro deben resolver o problema de como vivir xuntos nunha casa que se adapte ás características físicas dos dous.
O comportamento dos personaxes, as actitudes tolerantes do crocodilo e a xirafa, constitúen o reflexo da súa natureza bondadosa e a clave da mensaxe que queda como pouso ao rematar a lectura: debemos loitar polo que queremos sen facer dano a ninguén
As ilustracións, de Daniela Kulot, responden ao seu estilo: cheas de colorido, luminosidade e contrastes, e resultan en perfecta harmonía co relato; tamén é moi atractivo o humor co que se expoñen as historias e o deseño das súas páxinas.
Títulos:
Crocodilo namorado
Unha parella diferente
Unha casa a medida
Autora e ilustradora: Daniela Kulot
Editorial: Faktoria K de libros
Idade: De 4 a 8 años
Tamén en castelán:
Cocodrilo se enamora
Una pareja diferente
Una casa a medida
Carmen Rico Coira plántalle cara ao maltrato
Hace 11 años
Deixovos, no noso blog, un merecidiiiiiiiiiiisimo agasallo. Pasade a recollelo :-)
ResponderEliminar