11/10/08

LE CLÉZIO, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2008

O Premio Nobel de Literatura 2008, Jean-Marie Gustave Le Clézio é un humanista, un erudito e tamén un viaxeiro incansable.
Novelista francés, de pai inglés e nai francesa, viviu na illa Mauricio, onde as paisaxes marítimas espertaron moi pronto a súa imaxinación. De neno soñaba con ser mariñeiro e hoxe en día reparte o seu tempo entre longas viaxes (a México, sobre todo) e a escritura. A súa obra 'Le Procès-Verbal', considerada unha obra mestra, concedeulle a notoriedade con só vinte e tres anos e o Premio Renaudot, un dos máis importantes das letras francesas.
Ata hoxe escribiu ao redor de 30 libros entre historias curtas, novelas, ensaios, traducións da mitoloxía india e ata publicou volumes de fotografía e tocou ademais a literatura infantil e xuvenil con 'Lullaby' (1980) e 'Balaabilou' (1985). Entre as súas novelas máis coñecidas están 'O Africano' e 'Urania'. A súa última obra é 'Ritournelle da faim', publicada este mesmo ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores