5/10/08

AS CORES DO OUTONO

E seguimos co outono...
Cada vez refresca máis, os días son máis curtos... pero a natureza compénsanos cunha paisaxe chea de luces, de músicas, de cores, de cheiros...



E AGORA UN POUQUIÑO DE POESÍA:

Don carballo chora landras

na amencida.

E don Outono baballa

néboa fría.

Don Labrego, de sombreiro,

aplaude a don Castiñeiro

con variña de abelaira.

E don Ourizo da chaira,

como non se ten coa risa,

cáenlle dentes de castaña.

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Engadir a Marcadores