19/9/08

OS CONTOS E OS AFECTOS


Recollo un artigo publicado no blog do servicio de Orientación do noso centro e que ven moito "a conto" do que a nós nos ocupa, o traballo nas bibliotecas a prol da lectura.

¿Que é un conto?
A palabra conto provén do latín computar, e significa contar, enumerar feitos. É dicir relatar, narrar unha historia. Fundamentalmente o conto é metáfora, vida, emoción, soño, oportunidade, liberdade, memoria... ¡é afecto!
¿Para que serve lelos?
Para desenvolver emocións; para desenvolver a creatividade, a intelixencia, a linguaxe, o crecemento; para estimular o humor; para discriminar fantasía de realidade; aprender a dar e a recibir; incursionar no mundo artístico; para sublimar, xogar, enfrontar conflitos... En fin, para poder desenvolver unha identidade harmónica.
¿Que son os afectos?
A palabra afecto deriva do latín affectus, e significa "pór en certo estado".
Pero vexamos outras definicións que ampliarán o noso concepto habitual e cotián -e a miúdo limitado- de afecto: "Todo estado afectivo, penoso ou agradable, vago ou preciso, xa se presente como unha descarga masiva, xa como tonalidade xeral" (Laplanche e Pontalis)
E en Psicoloxía, o afecto enténdese como "calquera clase específica de sentimento ou emoción, que impregna todos os feitos psíquicos e que posúe unha riqueza cualitativa inesgotable".
O afecto é un ingrediente innato con que contamos os humanos. O seu exceso ou falta provoca dificultades, trastornos que en ocasións poden volverse moi serios para a nosa saúde mental: os afectos afectan, aféctannos, e producen un efecto.
¿O conto e os afectos?
¿E por que a lectura de contos podería exercer un efecto tal? Entre outras razóns, porque:
1) Os contos e os afectos humanízannos.
2) Os contos e os afectos introdúcennos na cultura.
3) Os contos e os afectos simbolízannos.
4) Os contos e os afectos ábrennos ao mundo dos outros.
5) Os contos e os afectos exercen un efecto terapéutico.
6) Os contos e os afectos consolidan a "persoa".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Engadir a Marcadores