5/5/08

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: O arco da vella


O ARCO DA VELLA

Arco da vella
vaite de aí
que as nenas bonitas
non son para ti.

Fuxe chuvia,
fuxe sol,
fuxe roda de color,
que a neniña quere brincar
coas areas do areal.

Vaite néboa,
vaite vento,
vaite cara de mal tempo,
que a neniña quere correr
polas areas do ler.

¡Ai, miña neniña, nena,
non se vai o arco da vella!

X. M. Álvarez Blázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Engadir a Marcadores