O próximo 28 de abril contaremos coa visita do ilustrador vigués Abraham Carreiro, dentro das actividades de promoción da lectura e da creatividade. A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos
segur@s de que será unha experiencia que non esqueceremos.
A PEL DO CROCODRILO (da colección
Contos que len outros nenos do mundo, Editorial: A Nosa Terra) é o último traballo deste creador, que ilustra maxistralmente un conto da tradición popular africana, neste caso de Namibia, un país do sur de África.
No hay comentarios:
Publicar un comentario