27/4/08

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ : Polo laranxal

POLO LARANXAL


POLO LARANXAL

TRES AVELAÍÑAS ANDAN A VOAR.

UNHA, DÚAS, TRES,

DE PRÉSA QUE VOAN,VENSE E NON SE VEN.

POLO LARANXAL

TRES AVELAÍÑAS ANDAN A CHUCHAR.

UNHA, DÚAS, TRES,

DE TANTO QUE CHUCHAN, BORRACHAS DE MEL.

¡CAÍDAS NO CHAN,

TRES AVELAIÑAS POLO LARANXAL!


XOSÉ MARÍA ALVAREZ BLÁZQUEZ.”Roseira do teu mencer”. Xerais



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Engadir a Marcadores