![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhiMDeia_Liyi8enxA6q3NEui82okKK63rkwNRD-VuaXT1j7w2F8ygeOHElUt9PJv9ItIRdbaBHvbYrD9Idxu7J9T0MqSVHnsDRmMa9XcxPZ6b7N_O32DtKmePPvS2eFnSWukPV-14kWTM/s320/9788426131096.jpg)
Ana vai ter un irmanciño e antes de irse ao hospital a súa mamá regálalle un monstro de peluche para que non se senta soa. Ana e o pequeno monstro vólvense moi amigos, pero cando chega o irmánciño á casa empezan os problemas. Ao monstro de Ana non lle gusta o bebé : sempre está berrando, cheira mal, e non o deixa durmir. Entón fai mil trasnadas ata que papá e mamá perden a paciencia e queren botalo. Pero ao fin o pequeno monstro e Ana acaban por reconciliarse co novo irmán e volve a tranquilidade á casa.
Este conto relata os celos dunha irmá maior, encarnados en "o pequeno monstro". O monstro, puro reflexo dos celos de Ana, reacciona moi negativamente á chegada do bebé, pero ao final resólvese o conflito. O xeito en que se resolve o problema e as preciosas ilustracións realizadas con tanto esmero por Helen Cooper, fan que este libro sexa tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario