27/7/09

LA MANO DE FÁTIMA


Hai uns días rematei de ler La mano de Fátima de Ildefonso Falcones, unha historia ambientada na Córdoba do século XVI, coa expulsión dos moriscos como telón de fondo. Case mil páxinas que reflicten a traxedia dun pobo, nas que acompañamos ao protagonista durante 40 anos da súa vida, empeñado na loita pola tolerancia e a convivencia. Falcones di que con esta obra pretende rendir un "modesto homenaje a aquellos que lucharon por transmitir una cultura". Trátase da segunda novela histórica deste autor, que xa acadou un grande éxito con La catedral del mar. Miguel Ortiz, de Papel en blanco, publica un interesante artigo no que analiza o éxito deste xénero que, por outra banda, conta con moitos adeptos, entre os que me inclúo.

(Imaxe recollida en Papel en blanco)

1 comentario:

  1. Hay un regalo para vosotros en mi blog. Espero que os guste.

    ResponderEliminar

Engadir a Marcadores