12/6/11

PREMIOS XERAIS: UNHA XORNADA INESQUECIBLE

Os gañadores (clic para ampliar).
Procedencia da imaxe.
Son moitas as satisfaccións que, dun xeito ou doutro, me teñen dado os libros e sempre me considerei deudora impenitente e irredenta das persoas que fan posible que chegue ás nosas mans a testemuña do talento, do pensamento, da historia, da cultura... É por iso que me sinto tan honrada por ter formado parte do xurado dos Premios Merlín deste ano, ao carón de persoas de recoñecido prestixio profesional e de grande calidade humana: Gracia Sanctorum, Ángeles Roca, Rodrigo Chao, Antonio Reigosa e Helena Pérez.
Na illa de San Simón, un escenario incomparable pola súa fermosura e polo seu simbolismo, tivo lugar o emotivo acto da entrega de premios, coas intervencións dos gañadores: Anxo Fariña, Héctor Carré e Xavier Queipo polas obras A chave da Atlántida, Febre e Extramunde, respectivamente.
Foi todo un pracer escoitar a María Xosé Queizán, quen actuou como mantedora literaria cun espléndido discurso titulado "Escribir en nome propio".
Non podo deixar de mencionar a Leo Arremecaghona, que amenizou a velada cun espectáculo nada convencional, cun humor cargado de chiscadelas á nosa idiosincrasia, humor do noso, con dobres sentidos e cheo de reivindicacións, co que engaiolou ao auditorio.
Rematou o acto Manuel Bragado cunha breve e atinada intervención na que fixo unha lembranza de Juan Farias, escritor galego falecido recentemente, e solicitou das administracións públicas un maior apoio ao sector do libro e unha clara e decidida aposta pola nosa lingua.

Os meus parabéns aos galardoados e, por suposto, a Xerais pola impecable organización deste evento.

Atoparedes máis información deste acto no blog de Xerais e en Trafegando Ronseis.
Héctor Carré, Xabier Queipo e Anxo Fariña.

PREMIOS XERAIS 2011 NOS MEDIOS

1 comentario:

  1. Ola!! tu blog está genial, me encantaria enlazarlo en mis sitios webs de juegos para niños. Por mi parte te pediría un enlace hacia mis web y asi beneficiar ambos con mas visitas.

    me respondes a munekitacat@gmail.com

    besosss

    ResponderEliminar

Engadir a Marcadores